“Mulleres que escriben en galego” é un proxecto que empecei en xaneiro do 2021. É un grupo aloxado en Facebook e que pretende ser un espazo para e sobre as mulleres que escriben en galego, un espazo no cal lernos, no cal escribir, no cal compartir e recomendar a literatura galega escrita por mulleres.

Actualmente este grupo adminístroo a carón de Verónica do Rexo e Lucía Cernadas.

Cada mes organizamos o clube de lectura e o intercambio epistolar. Se desexas participar podes unirte aquí e tamén podes contactar con nós a través de

mulleresqueescribenengalego @ gmail.com