Termos e condicións

Última actualización: 10 de xullo de 2021

Identificación a efectos de notificación:

  • Andreea Birsanu
  • NIF/VAT: ESY0216129N 
  • Apartado de correos, 63
  • 15810 Arzúa – A Coruña
  • Contacto: silvatiica[@]gmail.com
  • Teléfono: (+34) 697 29 62 46

POR FAVOR SE TEN ALGUNHA DÚBIDA OU PROBLEMA CONTACTE COMIGO E INTENTAREI SOLUCIONALO.

Moitas grazas por visitar SILVATIICA, un proxecto de Andreea Birsanu, a partir de agora TITULAR.

  1. A TITULAR ten o dereito de modificar, engadir ou suprimir en calquera momento e sen previo aviso a presentación, o contido, os produtos, os prezos, a disposición e os servizos da páxina web, de aquí en adiante SITIO WEB. Tamén pode aumentar, modificar e suprimir o contido dos termos e condicións cando o considere necesario.
  2. A TITULAR ten o dereito a decidir o prezo do seu traballo e a modificar o mesmo cando o considere así como a facer ofertas e promocións.
  3. As obras artísticas aquí expostas son propiedade intelectual da TITULAR e están protexidas pola normativa nacional e internacional vixente sobre propiedade intelectual. Todos os dereitos están reservados (copyright).
  4. O uso que se lle dea a unha obra adquirida á TITULAR só pode ser persoal. Non se permite a reprodución, exposición nin ningún tipo de uso comercial excepto que a TITULAR dea permiso a través dun contrato escrito e firmado.
  5. Continuando co anterior punto está prohibido comprar os produtos e revendelos a menos que exista unha relación comercial regulada por un contrato. A revenda sen un contrato será denunciada ás autoridades competentes.
  6. O plaxio e un uso fraudulento será denunciado ás autoridades competentes. Se lle consta que alguén está facendo un uso inadecuado ou plaxiando o meu traballado por favor póñase en contacto comigo.
  7. A TITULAR reserva o dereito a decidir en todo momento o número de copias que terá cada traballo que realice.
  8. A TITULAR comprométese a usar os datos persoais que se soliciten única e exclusivamente para cumprir coa súa relación comercial e co seu deber fiscal e legal.

1.- Envíos

  • Os pedidos serán enviados os martes e os venres se o SITIO WEB opera con normalidade. En caso de retraso na preparación do pedido a TITULAR poñerase en contacto coa persoa usuaria.
  • Os pedidos só se enviarán unha vez confirmado o pago.
  • Os envíos a Galiza e España adoitan chegar entre 1-5 días laborais.
  • Os envíos internacionais poden tardar un pouco máis. Por favor teña paciencia e se ten algún problema non dubide en contactar comigo.
  • O tempo de preparación de cada pedido pode variar en función das características e dispoñibilidade. Para calquera dúbida pode consultar coa TITULAR.
  • A TITULAR non se fai cargo do custe de aduanas nin dos retrasos que poidan provocar.

2.- Cambios e devolucións

 A TITULAR aceptará cambios ou devolucións só nos seguintes casos:

  • Se o pedido non se corresponde co feito no SITIO WEB. Isto non se aplica a certas características coma lixeiros cambios de cor debido ás pantallas. Tampouco a pequenos erros que poidan presentar os traballos feitos a man debido á natureza destes produtos que implica non ter unha perfección absoluta.
  • Se o pedido se cambia por outro de igual ou maior importe e os produtos devoltos están en perfecto estado.
  • Non se admitirán cambios nin devolucións se os produtos están danados por causa da empresa de transporte ou causas alleas á TITULAR. En calquera caso por favor ponte en contacto comigo se recibes un produto danado e intentarei solucionar e compensar o problema.
  • En caso de cumprirse os requisitos para efectuar un cambio ou devolución o pedido deberá ser enviado nun prazo de cinco días laborais contando dende que recibe o pedido.
  • A TITULAR non se fai cargo do custe do envío da devolución a menos que a causa da devolución sexa por un erro da TITULAR no pedido.

3.- Encargos

  • A TITULAR reserva o dereito a decidir o número de copias e a usar os traballos que realice para outros proxectos. Non haberá exclusividade a menos que así se pacte no momento do encargo.
  • A TITULAR comprométese a cumprir co prazo do encargo aceptado sempre que non existan contratempos de causa maior.
  • A persoa usuaria deberá abonar o 30% do prezo acordado ao inicio cando se concrete o encargo. Abonará o 70% restante máis gastos de envío se corresponde ao final cando o encargo estea completado.
  • A persoa usuaria pode pedir lixeiros cambios no transcurso do encargo. Estes cambios poden supoñer incrementar o prezo. En caso de ser así a TITULAR o comunicará.
  • Se a persoa usuaria non contesta nun prazo de 15 días naturais darase por finalizada a relación e non poderá pedir a devolución do 30% que se aportou ao principio.
  • Só se enviará o encargo unha vez recibido o pago. A TITULAR comprométese a envialo na maior brevidade que lle sexa posible e a comunicarllo a persoa usuaria.

CALQUERA INFORMACIÓN QUE FALTE NESTE DOCUMENTO PODE CONSULTARSE COA TITULAR.